HLA-C

HLA-C
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 6 p21.33
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
2107 n/a
Ensembl
Véxase HS n/a
UniProt
P10321 n/a
RefSeq
(ARNm)
NM_002117 n/a
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001229971 n/a
Localización (UCSC)
Cr. 6:
31.27 – 31.27 Mb
n/a
PubMed (Busca)
2107


HLA-C (Antíxeno Leucocitario Humano-C) é unha proteína antixénica que pertence ao grupo dos receptores de cadea pesada do complexo maior de histocompatibilidade de clase I (MHC-I). O receptor C é un heterodímero que consta do produto maduro dun xene HLA-C e unha β2 microglobulina. A cadea C madura está ancorada na membrana. As moléculas de MHC de clase I, como as HLA-C, exprésanse en case todas as células, e a súa función é presentar pequenos péptidos ao sistema inmunitario, que vixía se hai péptidos non propios no organismo.

O HLA-C é un locus do cromosoma 6, que codifica moitos alelos HLA-C que son receptores MHC de clase I. O HLA-C, localizado en posición proximal ao locus HLA-B, está localizado no extremo distal da rexión HLA. A maioría dos haplotipos HLA-C:B están en forte desequilibrio de ligamento e moitos son tan antigos coma a propia especie humana.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search